Manifesto en defensa da cultura comunitaria, as súas xentes e os seus espazos

Nos últimos días estamos a vivir un incremento da presión e do acoso sobre o ecosistema da cultura comunitaria que está a concretarse no inminente ou xa consumado desmantelamento ou ameaza dalgúns dos seus proxectos e espazos de referencia. Ante isto, urxe denunciar este acoso e opor resistencia a través da defensa colectiva das múltiples redes de traballo compartido, coidadosamente construídas en espazos e territorios ao longo de moitos anos, que veñen xerando actividades e proxectos que potencian o valor social e transformador da cultura.

Desde a Red de Espacios y Agentes de Cultura Comunitaria, a Red Cuenco, o Cubo Verde, Artibarri, o Colaboratorio de Innovación Ciudadana, o Museo Situado, Galaxxia, Colectivo Llámalo H… queremos expresar a través deste manifesto, a nosa fonda preocupación polo impacto que estas accións de desarticulación do comunitario están a ter e que agora se exemplifican de forma dramática e sintomática nas cidades de Madrid e Zaragoza.

Queremos reivindicar o rol imprescindible dos espazos e programas colaborativos de distinta índole coma a Red Cuenco, Medialab Prado, Espacio Vecinal Arganzuela, Radio Vallekas, a emisora M21, Casa de Cultura de Chamberí, Harinera ZGZ ou o Programa de Residencias de Matadero, hoxe a piques de ser cernados dos nosos territorios, coma lugares e actividades chave para o desenvolvemento das prácticas de arte e cultura comunitaria e, por tanto, para afrontar os retos comúns aos que actualmente, coma sociedade, enfrontamos (especialmente no escenario de reconstrución ecosocial trala pandemia).

Entendemos por cultura comunitaria calquera práctica artística que, nun mesmo proxecto, actividade e territorio, involucra a axentes e a comunidades en procesos creativos de carácter colaborativo. Iniciativas que traballan pola inclusión, coidando as  persoas, os procesos e as contornas; que inclúen e xestionan a diversidade; propoñen a participación activa e o apoderamento; poñen en valor saberes enraizados nos territorios e xeran redes fortes e sostidas no tempo. 

Ademais dos evidentes beneficios sociais que achegan, os proxectos e espazos de cultura comunitaria teñen un alto valor artístico e cultural que contribúe de maneira irremplazable á habitabilidade e a cohesión das contornas, tanto urbanas coma rurais, onde se sitúan. 

Lembremos que apoiar a cultura comunitaria é tamén apoiar a un sector profesional en crecemento tanto en España coma no resto de Europa e continentes: o ecosistema  da cultura comunitaria está amplamente recoñecido pola Organización Mundial da Saúde, a Axenda de Roma 2030 e consolidado coma política cultural en moitos países tanto de Europa como de América (EEUU, Canadá ou a Red Cultura Viva de Latinoamérica).

Os proxectos de cultura comunitaria redundan, ademais, na saúde física e mental das persoas, e por iso son denominados tecnicamente como “Activos para a Saúde”, é dicir, son un “factor que mellora a capacidade das persoas, grupos, comunidades, poboacións, sistemas sociais e institucións para manter e soster a saúde e o benestar, e que lles axuda a reducir as desigualdades en saúde”. 

Ademais, son chaves como espazos nos que promover os dereitos culturais e democráticos, loitar contra as diversas desigualdades sociais e promover cidades, pobos e territorios máis democráticos, resilientes e sustentables. 

Desde a constatación de que o ciclo xerador de benestar, innovación social, dereitos e futuro digno para todas as persoas que é a cultura comunitaria atópase en grave perigo, facemos un chamamento urxente aos medios de comunicación e á cidadanía en xeral para alzar as nosas voces contra o desmantelamento da nosa cultura e para apoiar de forma decidida os seus axentes e espazos.

Pero, sobre todo, esiximos ás nosas administracións públicas, tanto a nivel local coma rexional e estatal, que de forma inmediata:

Poñan a disposición, protexan e dean sustentabilidade a medio e longo prazo aos espazos públicos, comunitarios ou híbridos coma bens comúns da cidadanía, con independencia do signo político das administracións dos que dependan.

Deseñen políticas públicas que apoien de maneira integral o desenvolvemento de ecosistemas de cultura comunitaria e inclúan partidas orzamentarias propias para estes espazos que posibilitan unha cidadanía activa, que xeren redes de colaboración e que promovan os dereitos culturais.

Implementen mecanismos de participación e gobernanza cidadá por e para a cultura comunitaria, convocando de maneira inmediata a consellos cidadáns representativos nos seus territorios e dotándoos de recursos para que poidan levar a cabo o seu labor de información, representación e seguemento das políticas anteriormente mencionadas.

Nacemos en contextos de crises e sabemos sobrevivir, seguimos no medio dunha urxencia sanitaria e social que desbordou ás institucións, pero que tamén demostrou a capacidade cidadá de organizarse para asegurarnos de que ninguén queda detrás, a pesar dos tremendos obstáculos que enfrontamos. A cultura comunitaria formou parte desa reacción e resistencia cidadá e aí imos seguir. 

Somos alianzas e complicidades e seguiremos a traballar e a inspirar.

Para seguir creando, en común e en comunidade.

Se queres adherirse ao manifesto, faga clic aquí

Firman:

Acceso 44
AMECUM
Artibarri
Asociación JerteArte
Ateneu L’Harmonia – Federació d’Entitats de Sant Andreu
Ateneu Popular Nou Barris
Colaboratorio de Innovación Ciudadana
Colectivo Llámalo H 
Colectivo de Mediadores Artísticos y Culturales de Canarias
El Cubo Verde · Red de espacios de arte en el campo
Enredando Culturas
Galaxxia
KARRASKAN
La LLeialtat Santsenca
Museo Situado
Plataforma Asamblearia d’Artistes de Catalunya (PAAC)
Plataforma veïnal el Borsí Pel Barri
Red Arrayan de Cultura, Patrimonio y Medio Ambiente
Red Cuenco 
REACC – Red de Espacios y Agentes de Cultura Comunitaria
Secretariat d’entitats de Sants, Hostafrancs i la Bordeta
T.A.S.C. (Turó Acció Socio Cultural)
T.J.I.U. (Taller Jove d’Informació Urbana) (Ràdio RSK)
Teatre Arnau Itinerant
Xarxa CooperasecXarxa Economia Social De Caralunya (XES) i Xarxa  d’Espais Comunitaris (XEC)
Comunidad VEDI
Wikiesfera
Federación Estatal de Asociaciones de Profesionales de la Gestión Cultural – FEAGC
PROCURA (Profesionales de la Cultura en Aragón)

Asinan entidades e axentes:

Plataforma d’Entitats de Roquetes
Torre de La Sagrera – Federació Torre de La Sagrera
la inversa
Sinapsis
Quinta del Sordo
LaFundició
Isabel Medarde / Bambara CC
Javier Roche
Blanca Callén – Restars Barcelona
Adrián de Miguel Simón
Grigri Projects
Nada Colectivo
Casal de Barri de Prosperitat
Daniela Cardillo
Senén Roy ialà
Fran Quiroga
Chico-Trópico
La Liminal
Federació d’Entitats Calàbria 66
La Dula Coop
Torre de La Sagrera – Federació Torre de La Sagrera
Casal de Barri de Prosperitat
Arquitectura comestible
Exchange Live Art
Enrique Flores
AMASCE
Benito Burgos
La Fàbric@ Cooperativa
Dionisio Cañas El Gran Poema de Nadie
Territoris Oblidats
Carla Aguinaga Ayala – Arteterapeuta
La Ortiga Colectiva
Proyecto Vitrina
Traductores del Viento
Itinerario Muralistico de Vitoria Gasteiz
susana velasco
Asociación Orquesta Escuela Zaragoza (residente de Harinera ZGZ)
Adolfo Chautón Pérez
Xamfra
Calatea
Xamfrà
Manuel Romero
Casa de Cultura y Participación Ciudadana de Chamberí
Colectivo loairas asociaciòn cultural
INCA Catalunya
Plataforma Independiente de Kultura y Artes
La Maquinaria — Teatro comunitario
pimpiÑaque
LabZebra
Autofabricantes
CoCreable
Espacio Borea
Aatomic_Lab
Bit Lab Cultural
La Puerta Azul
EL CORTIJO | espacio de creación
Espacio Vecinal Arganzuela
Alfredo Escapa Presa
Asoc Bolboreta Press
Imago Bubo · Rural Colectivo
Asociación Cultural La Madre Monte
Marta Linaza
Centro de Arte y Naturaleza Cerro GallineroCentro de Creación Contemporánea Nau Côclea de Camallera
Marta Martínez García
María del Castillo
La Colectiva Errante
EXPLICA DANSA
Palosanto Projects
Sitesize
Asociación Cultural y Juvenil Sambrona
PI(È)CE
radi pARTi comuniti
Maria Camòn del Colectivo llamalo H
Cristina Vázquez
LaDársena Estudio
Recreando Estudio Creativo S. Coop.
Mariona Castells
Pamela Pilawa / Payasa Pa Viajera
Sisme Creatiu
comuArt
Fundacion Imagen-proyecto mARTadero
arkkids
Atelier de Ideas
Basurama
Beetime – proyectos de investigación en arte y ecología
Sole López Jiménez Colectivo Llamalo H
Violeta Fatás Labarta Colectivo Llamalo H
Sara Julián Hijazo Colectivo Llamalo H
Biela y Tierra
PACA
Agustina Inchausti
ZerclO patrimonio cultural y desarrollo del territorio
La Horizontal
Tejiendo Redes de Participación Social
TEAdir-Aragón
Sarean
Isabel Aina Colectivo Llamalo H
Wikitoki
Casal de Barri Transformadors – Associació Ateneu Transformadors
Luneados
Elisa Pérez Ibarra
Compañía Teatro Imprevisto
GUERRILLA KULTURALA
Sara San Gregorio
Cristina Vadillo / Poliédrika
Societat Cultural i Esportiva La Lira
TRACTION. Proyecto Europeo H2020.
Eva del Ruste/ Mercado del 13
Colectivo Mottainai.ZGZ
Zaragoza en Común
Xavier Pla
Associació Casa de la Premsa
Nicolás Barbieri
Taller de Ilustración y Cómic Marta y Josema
Olga Martínez García
Imaquinaria
Lara Albacete
Associació Cultural La Nave Va
La Grieta Teatro Social
El Cinorrio
hablarenarte
Irene Sempere
Sara Álvarez – proyecto camminus
Alco
Xeito Fole
n01se global
María Abia Rodríguez
Laura Olea López
Victoria Stolarski
Consell de la Joventut d’Horta-Guinardó
Associació Casal Font d’en Fargues
Teatro de la Inclusión
Fundación Interarts
Isabel Pérez Izquierdo
DANZA MOBILE
Asociacion Artistica y cultural Teatro 4 Elementos
Rosario Muñoz. Arteterapia y Mediación
Artemisbcn Muñtiespai Artistic
Judith Navarro, ASCT, Postgraduada en Arts Escèniques i Acció Social
Liant la troca
Jordi Reynés (Xarxa d’Ateneus de fabricació)
Jorge Padrón Rodríguez
E. M. M. A. Asociacion experimetar modos y metodos artisticos
Lo Relacional
Mateu Fornós Gil
LO SOMRIURE SOLIDARI
Antonio Alcántara
Fundació Orfeó Lleidatà
Carles Monclús Garriga
José Ramón Insa Alba
Jorge Fernández León
Red LudoForum
Red de Economía Alternativa Solidaria de Aragón
Associació Cultural Estampades
ARTEC C-LM
Damecuerda
Plataforma de Empresas Culturales de Cantabria (PECCA)
FREEMUSE
Luis Domercq Muñoz
ZEMOS98
Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC)
Juan López-Aranguren
Oficina de Innovación Cívica
Asociación Jamacuco
Asociación Cultural y Musical Échale’engó
ASOCIACIÓN ANDALUZA DE PROFESIONALES DE LA GESTIÓN CULTURAL GECA
Asociación Empower Parents
Poppy
Mª ÁNGELES GARCÍA CABELLO
Daniel Francisco Cánovas Calvo


//////////////////////////////////////////////////////////

Información complementaria sobre a situación de ameaza para a cultura comunitaria

Manifiesto Ética de Catástrofe de Museo Situado

https://www.museoreinasofia.es/museo-situado/manifiesto-etica-catastrofe


Harinera ZGZ, Red Cuenco y Mesa sectorial de gestión cultural y cultura comunitaria del Consejo de Cultura – Zaragoza

https://arainfo.org/pp-cs-y-vox-contra-la-cultura-comunitaria-contra-harinera-zgz-un-espacio-de-referencia-internaci


Casa de Cultura Chamberí – Madrid
https://casaculturachamberi.com/2021/02/21/concentracion_-17feb2021/

Espacio Vecinal Arganzuela – Madrid

https://www.evarganzuela.org/evasigue/


Medialab Prado – Madrid
https://wearethelab.org/

https://quepasaenmedialabprado.wordpress.com/

https://www.elconfidencial.com/espana/madrid/2021-03-02/medialab-prado-levy-dudas-arquitectura-millones_2972439/

https://www.elmundo.es/madrid/2021/02/24/60355938fc6c834a0e8b4591.html

https://www.lamarea.com/2021/02/26/el-milimetro-de-oro/